O 15 de febreiro é o 46º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.

Acontecementos 1412 - Cataluña e Aragón asinan a Concordia de Alcañiz para designar ao novo rei de Aragón. 1898 - O navío USS Maine explota no porto da Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe crese que foi un fallo interno). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Cuba, Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU. 1910 - Edítase o primeiro número do diario ourensán La Región. 1934 - Fusión de Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista nunha soa agrupación patriótica nacional-sindicalista: FE de las JONS. 1944 - No marco da segunda guerra mundial, comeza en Italia a batalla de Monte Cassino.

Nacementos miniatura|100px|Galileo Galilei. 1564 - Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano. 1748 - Jeremy Bentham, pensador inglés, creador do utilitarismo. 1811 - Domingo Faustino Sarmiento, presidente da Arxentina (m. 1888). 1851 - Susan B. Anthony, reformadora e sufraxista norteamericana. 1851 - Antero Rubín, militar e político galego. 1861 - Alfred North Whitehead, filósofo e matemático inglés. 1861 - Charles Edouard Guillaume, físico suízo. 1874 - Ernest Shackleton, explorador británico nado en Irlanda (m. 1922). 1877 - Tirso Lorenzo Rodríguez, xornalista e escritor galego. 1882 - John Barrymore, actor norteamericano. 1908 - Pedro Laín Entralgo, médico e escritor español. 1913 - Leandro Carré Brandariz, xornalista e militante libertario galego. 1918 - Marcial Suárez, escritor galego (m. 1996). 1948 - José Ferreiro Porto, historiador e profesor galego. 1950 - Demetrio Fernández González, bispo católico español. 1954 - Ernesto Sánchez Pombo, xornalista español. 1954 - Matt Groening, debuxante de banda deseñada norteamericano. 1954 - José Manuel Sabucedo Cameselle, psicólogo galego.

Mortes miniatura|100px|Gotthold Ephraim Lessing. -399 - Sócrates, filósofo grego. 1152 - Conrado III, emperador do Sacro Imperio Xermánico (n. 1093). 1781 - Gotthold Ephraim Lessing, escritor e crítico alemán (n. 1729). 1857 - Mikhail Glinka, compositor ruso. 1926 - Juan Manuel Rodríguez de Cea, político e xornalista galego (n. 1854). 1926 - José María Ozores de Prado, xurista e político galego (n. 1877). 1938 - Arturo Vázquez Vázquez, mineiro, sindicalista e militar galego (n. 1901).

1940 - Manuel Lugrís Freire, escritor e galeguista, Día das Letras Galegas de 2006 (n. 1863).

1940 - J.-H. Rosny aîné, escritor de ciencia ficción (n. 1856). 1965 - Nat King Cole, músico estadounidense. 1999 - Henry Way Kendall, físico norteamericano (n. 1926).

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Febreiro