O 14 de febreiro é o 45º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.
Acontecementos 842 - Carlos o Calvo e Lois o Xermánico xuran os Xuramentos de Estrasburgo en idioma francés e alemán. Este é o principio da lingua francesa. 1918 - A Unión Soviética adopta o calendario gregoriano (1 de febreiro de acordo co calendario xuliano). 1946 - Preséntase na Universidade de Pennsylvania ENIAC ("Electronic Numerical Integrator and Computer"), a primeira computadora de propósito xeral.
Nacementos miniatura|150px|Thomas Malthus. 1602 - Francesco Cavalli, compositor italiano (m. 1676). 1766 - Thomas Malthus, economista inglés. 1812 - Pedro Sanjurjo Pérez, xurista e político galego. 1819 - Cristopher Sholes, inventor norteamericano. 1828 - Edmond About, escritor francés. 1838 - Margaret E. Knight, inventora estadounidense (m. 1914). 1869 - Charles Thomson Rees Wilson, físico escocés (m. 1959). 1880 - José Espinosa Rodríguez, farmacéutico e historiador galego (m. 1966). 1886 - Ángel Pestaña, anarcosindicalista español. 1895 - Max Horkheimer, filósofo e sociólogo alemán. 1896 - Edward Arthur Milne, astrofísico e matemático británico (m. 1950). 1898 - Fritz Zwicky, astrónomo e físico de orixe búlgara (m. 1974). 1914 - Bieito Cupeiro, mestre e escritor nacionalista galego emigrado a Arxentina (m. 1993). 1917 - Herbert A. Hauptman, matemático americano. 1923 - Juan Acuña, futbolista galego. 1939 - Ángeles Gulín, soprano galega (m. 2002). 1944 - Alan Parker, director de cine inglés. 1956 - Katharina Fritsch, escultora alemá. 1973 - Unai Elorriaga, escritor vasco. 1977 - Cadel Evans, ciclista australiano. 1977 - Emma Couceiro, poeta galega. 1981 - Tomás González Ahola, tradutor e editor galego. 1981 - David Pobra, escritor galego.
Mortes miniatura|150px|Leandro Carré Alvarellos. 1744 - John Hadley, matemático e astrónomo inglés (n. 1682). 1779 - James Cook, explorador británico (n. 1728). 1891 - William Tecumseh Sherman, militar, educador e escritor estadounidense (n. 1820). 1917 - Manuel Núñez González, rexistrador e poeta galego (n. 1885). 1925 - Jacques Rivière, escritor francés (n. 1886). 1933 - Cesare De Titta, poeta italiano (n. 1862). 1943 - David Hilbert, matemático e filósofo alemán (n. 1862). 1972 - Melchor Rodríguez García, anarcosindicalista andaluz (n. 1893). 1976 - Leandro Carré Alvarellos, escritor galego (n. 1888). 1987 - Dmitri Kabalevski, compositor ruso (n. 1904). 1996 - Alejandro de la Sota, arquitecto galego (n. 1913). 2004 - Marco Pantani, ciclista italiano (n. 1970).
Festas e celebracións San Valentín, santo patrón dos namorados. Hoxe é o Día dos namorados.
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro