O 23 de novembro é o 327º día do ano no Calendario Gregoriano e o 328º nos anos bisestos. Quedan 38 días para rematar o ano.
Acontecementos 43 a. C. - En Roma, a Lex Titia fai oficial o pacto por cinco anos de goberno común entre Marco Antonio, Octavio (herdeiro de Xulio César) e Marco Emilio Lépido. Comenza o Segundo Triunvirato. miniatura|Gran Teatro de La Habana (Jan 2014)|alt= 1811 - As Cortes de Cádiz aproban a creación da chamada Lotería Nacional. 1879 - Fúndase o Centro Galego da Habana. 1955 - A administración das Illas Cocos é transferida do Reino Unido para a Australia. 1971 - A República Popular da China é aceptada como representante do pobo chinés no Consello de Seguridade da ONU e ocupa o asento que ata entón ocupaba Taiwán. 1979 - A Universidade de Minneapolis realiza con éxito a primeira transfusión de sangue sintético. 1991 - Freddie Mercury, do grupo Queen, anuncia publicamente que é portador do virus VIH. Morre ó día seguinte. 2005 - Ellen Johnson Sirleaf é elixida presidenta de Liberia, converténdose na primeira muller en gobernar un país africano.
Nacementos miniatura|100px|Estatua de Afonso X diante da Biblioteca Nacional (Madrid). miniatura|100px|Francisco Manuel de Melo. 1221 - Afonso X o Sabio, rei e escritor, en Toledo (m. 1284). 1608 - Francisco Manuel de Melo, escritor, político e militar portugués (m. 1666). 1616 - John Wallis, matemático inglés (m. 1703). 1804 - Franklin Pierce, presidente dos Estados Unidos (m. 1869). 1876 - Manuel de Falla, compositor romántico andaluz (m. 1946). 1883 - José Clemente Orozco, muralista e litógrafo mexicano (m. 1949). 1887 - Boris Karloff, actor británico (m. 1969). 1890 - El Lissitzky, artista ruso (m. 1941). 1922 - Manuel Fraga Iribarne, político galego (m. 2012). 1922 - Joan Fuster, escritor valenciano en lingua catalá (m. 1992). 1930 - Herberto Helder, poeta portugués (m. 2015). 1933 - Krzysztof Penderecki, compositor e director de orquestra polaco (m. 2020). 1938 - Luís Carballo, publicista galego (m. 2019). 1939 - Betty Everett, cantante e pianista de R&B afroamericana (m. 2001).
Mortes miniatura|100px|André Malraux. 1826 - Johann Elert Bode, astrónomo alemán (n. 1747). 1864 - Friedrich Georg Wilhelm von Struve, astrónomo alemán (n. 1793). 1973 - José Alfredo Jiménez, compositor mexicano (n. 1926). 1976 - André Malraux, escritor e político francés (n. 1901). 1991 - Klaus Kinski, actor alemán (n. 1926). 1995 - Louis Malle, director de cine francés (n. 1932). 2002 - Xoán González Millán, estudoso e crítico literario galego (n. 1951). 2006 - Philippe Noiret, actor francés (n. 1930).
Festas e celebracións Día Internacional da Palabra Día Mundial dos Bosques Autóctonos Día Internacional sen Compra Día Europeo das Persoas sen Fogar (ou Día dos Sen Teito)
Outros
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Novembro