Soiuz T-7 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 19 de agosto de 1982 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-7, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Svetlana Savitskaya (a segunda muller en viaxar ao espazo), Leonid Popov e Aleksandr Serebrov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7 e facer experimentos a bordo. A tripulación regresou na Soiuz T-5 o 27 de agosto de 1982 ás 15:04 GMT para deixar a T-7, máis nova, na estación para o regreso da tripulación permanente (Berezovoi e Lebedev), que volveu a terra o 10 de decembro de 1982 ás 19:03 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T Saliut 7 Soiuz T-5
Notas
Categoría:Programa Soiuz