Soiuz T-8 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 20 de abril de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz T-8, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Aleksandr Serebrov, Gennadi Strekalov e Vladimir Titov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7. Debido aos danos sufridos pola antena do sistema Igla da Soiuz durante o lanzamento, esta non puido acoplarse coa estación e a tripulación volveu a terra despois de dous días en órbita. A Soiuz T-8 regresou o 22 de abril de 1982 ás 13:29 GMT a uns 113 km ao sueste de Arkalyk (Kazakhstán).

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz T Saliut 7

Notas

Categoría:Programa Soiuz