O 16 de setembro é o 259º día do ano do calendario gregoriano e o 260º nos anos bisestos. Quedan 106 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1320 - O bispo Berenguel de Landoria ordena o asasinato de once representantes dos burgueses de Santiago que acudiran a negociar con el ao Castelo da Rocha Branca en Padrón. 1810 - México independízase de España. 1933 - Galiza é recoñecida como nación polo Congreso de Nacionalidades Europeas, organismo da Sociedade de Nacións, predecesora da ONU.
1973 - no estadio Chile (actualmente Estadio Víctor Jara, en Santiago de Chile), axentes da ditadura de Pinochet torturan e asasinan o cantautor Víctor Jara. 1975 - Papúa-Nova Guinea independendízase de Australia. 1978 - Primeira Romaxe de crentes galegos no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño 1982 - Masacre nas localidades de Sabra e Chatila (Líbano).
Nacementos miniatura|100px|Emilia Pardo Bazán. miniatura|100px|B. B. King. 1387 - Henrique V, rei de Inglaterra (m. 1422). 1786 - Vicente Turnes del Río Maldonado, escritor e xornalista galego (m. 1865). 1851 - Emilia Pardo Bazán, intelectual, xornalista e escritora galega en lingua española (m. 1921). 1853 - Albrecht Kossel, médico alemán Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1910 (m. 1927). 1858 - Andrew Bonar Law, político británico, primeiro ministro do Reino Unido (m. 1923). 1859 - Paulino Rodríguez Marquina, comerciante, xornalista e escritor galego (m. 1915). 1887 - Hans Arp, pintor, escultor e poeta francés (m. 1966). 1888 - Frans Eemil Sillanpää, escritor finlandés, Premio Nobel de Literatura en 1939 (m. 1964). 1893 - Alexander Korda (Sándor László Kellner), cineasta húngaro (m. 1956). 1893 - Albert Szent-Györgyi, fisiólogo húngaro, Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía en 1937 (m. 1986). 1904 - Xulián Magariños Negreira, avogado e escritor galego (m. 1934). 1924 - Lauren Bacall (Betty Joan Perske), actriz estadounidense (m. 2014). 1925 - B. B. King (Riley Ben King), cantante e guitarrista de blues estadounidense (m. 2015). 1927 - Peter Falk, actor estadounidense (m. 2011). 1934 - Ronnie Drew, cantante e compositor irlandés (m. 2008). 1934 - Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, político galego. 1935 - Ramón Lorenzo Vázquez, lingüista e profesor galego. 1939 - Breyten Breytenbach, poeta e pintor francés de orixe surafricana. 1946 - Camilo Sesto (Camilo Blanes Cortés), cantante e compostitor español. 1947 - Clodio González Pérez, etnógrafo e historiador galego. 1952 - Mickey Rourke, actor estadounidense. 1973 - Alexander Vinocurov, ciclista casaco.
Mortes miniatura|100px|Farinelli. miniatura|100px|Maria Callas en 1973. 655 - Martiño I, papa da Igrexa católica (n. ?). 1380 - Carlos V, rei de Francia (n. 1342). 1394 - Clemente VII, primeiro antipapa do Cisma de Occidente (n. 1342). 1520 - Diego de Almagro o Mozo, conquistador español (n. 1520). 1736 - Daniel Gabriel Fahrenheit, físico alemán (n. 1686). 1782 - Farinelli (Carlo Broschi), cantante castrato italiano (n. 1705). 1824 - Lois XVIII, rei de Francia (n. 1755). 1893 - Manuel Pazo Rodríguez, político galego. 1932 - Ronald Ross, médico, matemático e zoólogo británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1902 (n. 1857). 1965 - Wenceslao González Garra, navieiro e político galego (n. 1888). 1970 - Pavl Evdokimov, teólogo ruso (n. 1901). 1973 - Víctor Jara (Víctor Lidio Jara Martínez), director de teatro, músico e cantautor chileno (n. 1932). 1974 - Silvio Santiago, escritor galego (n. 1903). 1977 - Maria Callas (Maria Anna Kalogeropoulos), cantante de ópera estadounidense de orixe grega (n. 1923). 1977 - Marc Bolan (Marc Feld), músico e cantante británico (n. 1947). 1980 - Jean Piaget, psicólogo experimental, filósofo, pedagogo e biólogo suízo (n. 1896). 2005 - Gordon Gould, físico estadounidense (n. 1920). 2017 - Bautista Álvarez, político galego (n. 1933). 2025 - Robert Redford, actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense (n. 1936).
Festas e celebracións Día Internacional da Preservación da Capa de ozono
Outros Santoral: Santos Roxerio, Eufemia, Cornelio e Cipriano.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Setembro