O 22 de novembro é o 326º día do ano no Calendario Gregoriano e o 327º nos anos bisestos. Quedan 39 días para rematar o ano.

Acontecementos 1462 - en España publícase a primeira constancia escrita da chegada dos xitanos a Andalucía. 1943 - O Líbano independízase de Francia. 1963 - John Fitzgerald Kennedy, presidente de Estados Unidos é asasinado en Dallas, Texas. 1975 - Xoán Carlos I de España xura o seu cargo como rei ante as Cortes. 2007 - O concello da Coruña coloca a figura dunha muller nos semáforos para peóns. É o primeiro concello galego en facelo, tralos precedentes de Fuenlabrada e Sagunt.

Nacementos miniatura|100px|André Gide. miniatura|100px|Jamie Lee Curtis. 1852 - Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant, diplomático francés, Premio Nobel da Paz (m. 1924). 1868 - Cecilio Bedia Caballería, militar galego (m. 1953). 1869 - André Gide, escritor francés, Premio Nobel de Literatura (m. 1951). 1890 - Charles de Gaulle, presidente de Francia (m. 1970). 1898 - Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego (m. 1985). 1904 - Louis Eugène Félix Néel, físico francés, Premio Nobel de Física (m. 2000) 1917 - Andrew Fielding Huxley, científico británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 2012). 1924 - Geraldine Page, actriz estadounidense (m. 1987). 1929 - Xohana Torres, escritora galega (m. 2017). 1936 - Camilo Nogueira Román, político e economista galego. 1958 - Jamie Lee Curtis, actriz estadounidense. 1967 - Boris Becker, tenista alemán. 1982 - Fernando Schweitzer, actor brasileiro. 1984 - Scarlett Johansson, actriz estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Jack London. miniatura|100px|M.ª Victoria Moreno. 1916 - Jack London, escritor estadounidense (n. 1876). 1963 - John Fitzgerald Kennedy, 35º presidente dos EEUU de América (1961-1963) (n. 1917). 1963 - Aldous Huxley, escritor británico (n. 1894). 1963 - Clive Staples Lewis, escritor irlandés (n. 1898). 1980 - Mae West, actriz estadounidense (n. 1893). 1980 - Ramón Fernández Mato, xornalista e político galego (n. 1889). 1981 - Hans Adolf Krebs, médico e bioquímico alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1900). 1989 - René Moawad, presidente de Líbano (n. 1925). 1996 - María Casares, actriz coruñesa que triunfou no exilio en Francia (n. 1922). 2000 - Emil Zátopek, atleta checo (n. 1922). 2001 - Spencer Holst, escritor estadounidense (n. 1926). 2005 - María Victoria Moreno, profesora e escritora (n. 1939) 2016 - Dorotea Bárcena, actriz e directora de teatro galega (n. 1944).

Festas e celebracións Notas

Outros Santoral: Icía de Roma

Os 366 días do ano

Categoría:Novembro